miércoles, 19 de octubre de 2016

A xirafa

xirafa


A xirafa é unha especie de mamífero ártiodáctilo propio de África, é o animal terrestre máis alto. As características principais deste animal é o seu longo pescozo e patas, dúas protuberancias na cabeza e as súas manchas que lle sirven para camuflarse cando ven un drepredador. Clasifícase dentro da familia Giraffide co seu pariente máis cercano ocapi. Existen nove subespecies de xirafa que se dístinguen entre elas polos padróns da súa pelaxe.

A área de distribución da xirafa esténdese dende o Chad ao norte ata Sudáfrica no sur,e desde o Níxer no oeste ata Somalia no leste e comprende habitats de sabanas,sabanas arboradas e bosques abertos. A súa fonte primaria de comida son as follas de acacia, árbores que crecen ata alturas ás que a maioría dos outros herbívoros non poden chegar. O principal predador da xirafa é o león, aínda que as crías son tamén cazadas por leopardoshienas e licaóns.
Os espécimes adultos non posúen lazos sociais fortes, malia que poden asociarse en conxuntos  dispersos cando se atopan mentres se desprazan nunha mesma dirección. Os machos establecen unha xerarquía social pelexándose entre eles usando o pescozo como arma, na que os machos dominantes só os que teñen acceso ás femias, que son as que se encargan de coidar das crías.


IUCN clasifica o estado de conservación da xirafa como pouco preocupante,aínda que a súa área de distribución orixinal se foi reducindo considerablemente dende os primeiros estudos da especie, e algunhas das subespecies foron clasificadas pola IUCN como ameazadas en perigo de extinción.









Resultado de imagen de la jirafa